Iniciar sesión
 
Carrito
 

Inicio > Noticias

IX Marcha BTT Cconcello de Porto do Son
Publicada el 28/04/2010

O Club Ciclista Sonbiker, en colaboración co Concello de Porto do Son e coa debida autorización da Federación Galega de Ciclismo, quere convidarvos á celebración da IX edición da Marcha BTT Concello de Porto do Son, o Sabado 15 de Maio do 2010. 

Como ven sendo habitual, este ano ofrecemos un percorrido totalmente novo tanto polos camiños e pistas polos que discurrirá, como polo estilo mesmo da marcha. Non haberá tanta subida e baixada “rompepernas” e tamén imos procurar non poñer subidas duras de principio aínda que sexa a costa de andar algo polo asfalto. Será un pouco máis longa, cun total previsto de 42 kms (variables por cambios ou imprevistos). Tamén haberá un único percorrido para todos os participantes.

Os primeiros 10 kms discurrirán por Noal, Nebra e Portosín e serán “neutralizados". Esto quere dicir que os membros do Sonbiker irán marcando o ritmo para que poidamos ir o máis agrupados posible (hai que cruzar a estrada) e chegar todos xuntos ó km 10/11. Aquí, os máis fortes e todos os que queiran disputarán o tradicional Tramo Libre (+/- 2,5 kms). Ó remate do mesmo haberá un avituallamento líquido e cada quen proseguirá cando queira e se sinta recuperado. Digamos que, a partir deste punto, a marcha é “libre”: non se reterá a ninguén. No km.18 (+/-) estará situado o avituallamento completo.

A dificultade do percorrido poderíase calificar de: ALTA (Física) / MEDIA (Técnica). Subiremos desde Portosín ó Iroite. A subida é longa: uns 9 ou 10 kms con diferentes desniveles, pero sempre picando para arriba. Alí poderemos disfrutar dunhas impresionantes vistas durante uns cantos kms. A partir deste punto: baixadas, llanos, falsos llanos, velocidade, ... e algunha trialera que poñeremos para que poidamos disfrutar un pouco de todo e chegar de volta ó Son satisfeitos e coa sensación de ter disfrutado duna boa tarde de BTT.

As prazas están limitadas a 150 participantes. O precio da inscripción é de 10 € para federados e 18 € para non federados (8 € do seguro federativo por un día). Do mesmo xeito ca o ano pasado, haberá un período de preincripcións dun mes (do 1 de abril ó 10 maio) por correo-e: sonbiker@gmail.com.

Se che gusta o BTT, non deberás perderte esta cita en Porto do Son o vindeiro 15 de Maio. Lembrade que ó importante é pasalo ben!!!

INFORMACIÓN

- Máis información e preincripcións:

o 981767 761  (16:30 a 21:00) & 646 373 657

o sonbiker@gmail.com

o http://ccsonbiker.blogspot.com/

- Inscripcións do mesmo día e demais servicios no Pavillón Santa Irene.

- Salida do Pavillón Santa Irene ás 16:00 horas do 15 de Maio do 2010.

REGULAMENTO

1. A Marcha estará aberta a todo ciclista maior de 15 anos, debendo de contar o menores de 18 anos cunha autorización paterna por escrito.

2. Cuotas de inscripción:

a. 10 € (os non federados deberán pagar pagar un suplemento de 8 € para o seguro federativo de un día) os preinscritos ata o luns 10 de Maio ás 14:00 horas. Límite de 150 participantes. Éstas preinscripcións realizaránse a través do correo sonbiker@gmail.com a partir do 1 de abril do 2010. Os interesados enviarán os datos que figuran no dorso deste díptico por correo-e e posteriormente deberán aboar a cantidade de 10 ou 18 €, según lle corresponda, na conta de Caixa Galicia nº 2091-0312-08-3000129941 indicando o seu nome, apelidos e D.N.I. Só se considerarán preinscritos aqueles participantes que teñan aboada a cuota antes das 15:00 h do venres 14 de Maio do 2010.

b. 12 € (os non federados deberán pagar pagar un suplemento de 8 € para o seguro federativo de un día) o mesmo día da Marcha ata 30 minutos antes da saída . Ata esgotar as prazas restantes.

3. Só serán considerados participantes da VIII Marcha Concello de Porto do Son aqueles participantes que aboasen a cuota de inscripción, cumplimentasen e firmasen debidamente este boletín e leven en lugar visible o dorsal/distintivo facilitado pola organización.

4. É obrigatorio o uso de casco. Cada participante será responsable dos seus actos tanto dentro como fora da Marcha, excluíndo á Organización das responsabilidades ás que houbera lugar.

5. A organización non se fai responsable dos danos sufridos polos ciclista durante a Marcha, entendendo que éstes coñecen e asumen os riscos propios do BTT.

6. Os participantes deberán cumprir o presente regulamento de circulación, agás indicación dos axentes nos tramos en que a circulación esté cortada.

7. Tanto horarios como lugares de partida, reagrupamento, avituallamento, etc. deberán ser respetados por todos os participantes.

8. O coidado do entorno e do medio ambiente é de obrigado cumprimento, pregando ós participantes un coidado especial neste punto.

9. A ruta estará sinalizada e os participantes deberán respetar o itinerario marcado.

10. A Organización resérvase o dereito de modificar o que crea oportuno coa fin de garantizar o bo desenvolvemento da Marcha.

11. A inscripción nesta Marcha conleva a aceptación deste regulamento e calquer instrucción dos organizadores durante o desenrolo da mesma.

SERVICIOS

- Asistencia mecánica (recambios por conta do interesado).

- Ambulancia e Protección Civil.

- Vestuarios e duchas.

- Lavado de bicis.

- Vehículos de apoio abrindo e pechando + recollida de bicis.

- 1 Avituallamento líquido tralo Tramo Libre + 1 Avituallento completo.

- Agasallos para todos os participantes.

- Sorteos entre os dorsais recollidos ó rematar a Marcha.

- Trofeos clasificación Tramo Libre:

o 1º, 2º e 3º ata 35 anos.

o 1º, 2º e 3º entre 35 e 50 anos.

o 1º, 2º e 3º maiores 50 anos.

- Trofeos / agasallos varios:

o Club máis numeroso.

o Participantes femeninas.

- Pinchos e bebidas ó rematar a Marcha.

Volver atrás

© Copyright 2016. Todos los derechos reservados.
Sport bike Galicia S.L. B70265012. Información legal.
Diseña: eclipse 
Teléfonos tienda: 981.87.12.78 / Taller: 603.61.69.19 
email: info@sportbike.es
Avda. Coruña nº68 15960. Ribeira. A Coruña
Horarios:
De Lunes a Viernes: de 10:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00
Sábados:  de 10:00 a 14:00
Volver arriba