Iniciar sesión
 
Carrito
 

Inicio > Noticias

Copa Galicia de Cicloturismo
Publicada el 30/03/2011

30 Marzo, Copa Galicia de Cicloturismo

 A partires da publicación da presente información os clubes organizadores de marchas cicloturistas interesados poden solicitar a inclusión da súa entre as puntuables na Copa Galicia de Cicloturismo enviando unha solicitude polo procedemento habitual, pero sempre por escrito, á Federación Galega de Ciclismo de acordo coas normas reguladoras.

Copa galicia de cicloturismo

Solicitudes.

Aqueles clubes que queiran inscribir a súa marcha entre as puntuables para Copa Galicia de Cicloturismo deberán solicitalo antes do comenzo da tempada ou en calquera outro momento sempre e cando non esté cuberto o cupo de 15 marchas.

Número de Marchas Puntuables.  

Establécese en 15 o número de marchas puntuables para a Copa Galicia de Cicloturismo,  de acordo co reparto proporcional do número de marchas que se celebran en ambalasduas modalidades.

Sistema de puntuación.

Otorgaráselle 1 punto a cada un dos participantes nas distintas marchas puntuables.

Non recibirán puntuación os participantes con licenzas de competición, nin licenzas de un día, soamente os participantes con licencia cicloturista.

En caso de empate no cómputo final daráselle un punto ó participante de maior idade.

Recoñecementos.

 O cicloturista vencedor recibirá un trofeo e tamén se entregarán diplomas de honor a tódolos cicloturistas que alomenos houberan participado en 10 das probas puntuables. A entrega destes recoñecementos efectuarase na Gala do Ciclismo galego que se celebra cada ano ó remate da tempada. A partires da segunda marcha puntuable tentarase publicar nesta web a clasificación xeral.

Na actualidade o cupo de marchas de estrada puntuables xa está cuberto e quedan 9 marchas para cubrir as de BTT.

Para mais información http://fgalegaciclismo.es/

Volver atrás

© Copyright 2016. Todos los derechos reservados.
Sport bike Galicia S.L. B70265012. Información legal.
Diseña: eclipse 
Teléfonos tienda: 981.87.12.78 / Taller: 603.61.69.19 
email: info@sportbike.es
Avda. Coruña nº68 15960. Ribeira. A Coruña
Horarios:
De Lunes a Viernes: de 10:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00
Sábados:  de 10:00 a 14:00
Volver arriba