Iniciar sesión
 
Carrito
 

Inicio > Noticias

I Ruta Bicicletas de Montaña do Nadal (2010-2011)
Publicada el 03/01/2011

1.- OBXECTIVO

  • Fomentar o deporte o exercicio físico no seu  carácter lúdico deportivo, seguir a práctica deportiva no  período do nadal  e fomentar a cooperación e a convivencia.
  • Abandonar o sedentarismo nesta época do ano  tan propicia para elo.

2.- ENTIDADES ORGANIZADORAS

     Concellaría de Deportes- Concello de Riveira

                        Enderezo: Auditorio Municipal

                        Praza do Mariñeiros s/n

                        Telefóno 981 835650

                        Correo electrónico: deportes @ riveira.com

       A.C.D AS MIÑOTEIRAS

       PEÑA CICLISTA ACIDO LÁCTICO

       PEÑA CICLISTA TAHUME
 

3. EMPRESAS COLABORADORAS

      SPORTBIKE

      NÁUTICA A POUTADA

      CENTRO COMERCIAL HALEY            

4.- DATA DE REALIZACIÓN

Domingo 9 de Xaneiro de 2011

5.- DESTINATARIOS

Ciclistas da categoría senior con un nivel medio alto de adestramento na modalidade do ciclismo.
 

6.- INSCRICIÓNS

Ata o día 7 de xaneiro as 12.00 horas no apartado INSCRICIÓN desta nova. Unha vez confirmada a praza realizarase un ingreso de 10 € no nº de conta 2091 0339 78 3000030804 (Caixa Galicia), facendo constar no concepto INSCRICIÓN RUTA NADAL  e o nome do ciclista que fai o ingreso.

 
SENDO OBRIGATORIO ENVIAR XUSTIFICANTE DE PAGO MEDIANTE  FAX 981 87 32 09 OU BEN NO CORREO ELECTRÓNICO DEPORTES@RIVEIRA.COM

7.- PRAZAS

Nesta primeira edición serán 50 os ciclistas que poderán participar na ruta.

8.- LUGAR E HORARIO DE SAÍDA

AS 09.00 horas no Polideportivo de Coroso, debendo presentarse os participantes  cun mínimo de 30 minutos de antelación para a retirada de dorsais.
 

9.- PERCORRIDO
Saída do Polideportivo de Coroso
Subida  a San Alberto e Moldes, baixada a Lobeiras, subida o Castelo de Burleu polos  picotos ata a base Grallal e Esperoi, saída por Raña e Subida a Monte Barbanza, baixada a San Isidro, Entrerrios e volta pola beira da vía rápida ata o polideportivo.

10.- REGULAMENTO DA RUTA

  • A marcha esta aberta a todo ciclista maior de 16 años. Para os menores de 18 anos será obrigatorio autorización paterna.
  • A distancia da Ruta será de 60 kms aproximadamente.
  • Teráse un tramo libre de 8 kms.
  • Desnivel acumulado positivo 1.600 metros
  • Coa inscrición terase   dereito os s avituallamentos líquidos e sólidos, servicio de duchas,  recordo conmemorativo e comida o finalizar a marcha.
  • As inscricións realizaranse  Ata o día 7 de xaneiro as 12.00 horas nas oficinas da Concellería de Deportes (Auditorio Municipal) , teléfono 981 835650, fax nº 981 873209  ou no correo electrónico deportes@riveira.com
  • Unha vez confirmada a praza realizarase un ingreso de 10 € no nº de conta 2091 0339 78 3000030804 (Caixa Galicia), facendo constar no concepto INSCRICIÓN RUTA NADAL  e o nome do ciclista que fai o ingreso.
  • A recollida dos  dorsais realizarase o  mesmo día da proba a partir das 08.30 horas no lugar de saída (polideportivo de Coroso). 
  • Todo participante deberá situarse por detrás dos  vehículos ou compoñentes da organización que se identifiquen como de apertura da proba, non superándoos en ningún caso e tendo en consideración que en caso de facelo  será EXCLUIDO DA MARCHA, perdendo tódolos dereitos, e non sendo considerado a partir de ese momento como participante na mesma.
  • A ruta ,  ten un carácter puramente CICLOTURISTA, polo que non se  realizará ningún tipo de clasificación, ni mención espacial de orden de chegada, considerando que todos los participantes oficialmente inscritos e que realicen o percorrido completo, observando as indicacións establecidas, serán os  verdadeiros vencedores de este evento deportivo
  • A Organización resérvase o dereito de excluír unilateralmente da ruta  a aquelas persoas que non observen o comportamento debido ou  faga caso omiso das indicacións que reciba por parte dos  membros habilitados pola organización.
  • A organización aportará  durante a proba vehículos de enlace, servicio mecánico , coche escoba  e protección civil para primeiros auxilios.
  • Establécese como obrigatorio o uso do casco e levar ben visible o dorsal durante toda a proba.
  • Tódolos participantes deberán cumprir o código de circulación xa que e unha proba aberta en pequenos tramos o tráfico e obedecer en todo momento a  organización e autoridades que estén na proba
  • A organización non se fará responsable de ningún accidente do que puidera ser causa o víctima o cicloturista. A organización responsabilizarase de  levar o accidentado a un servicio médico cercano e costear os gastos derivados dunha primeira actuación. Os gastos médicos posteriores serán por conta do accidentado.
  • A entrega de recordos  realizarase o remate da Ruta sobre as 15.00 horas.
  • Ó inscribirse nesta  proba o participante declara que coñece e acepta o presente regulamento. 

Volver atrás

© Copyright 2016. Todos los derechos reservados.
Sport bike Galicia S.L. B70265012. Información legal.
Diseña: eclipse 
Teléfonos tienda: 981.87.12.78 / Taller: 603.61.69.19 
email: info@sportbike.es
Avda. Coruña nº68 15960. Ribeira. A Coruña
Horarios:
De Lunes a Viernes: de 10:00 a 14:00 y de 17:00 a 20:00
Sábados:  de 10:00 a 14:00
Volver arriba